ARRANXEMOS ENTRE TODOS E TODAS

Estes días estamos a ver como o PSOE e o PP pelexan como cativos por cousas que son de pouca relevancia, ou simplemente non acontecen e as inventan.
Rifan coa única intención de saír na prensa sacando peito e facernos crer que se preocupan por Carral. Mentres, o Concello segue sen xeito nin modo, cunha débeda asfixiante, cun centro de saúde colapsado, pequeno e sen medios para atender a actual poboación do municipio (que segundo eles segue aumentando), cunha feira que corta as rúas trés  días ó mes mentres o campo que tradicionalmente a albergou está valeiro, con novas obras faraónicas que nos endevedarán ainda máis, con esqueletos de edificios roendo o horizonte, con locais sociais con mantemento precario e sen WiFi, aínda q teñan o carteliño na porta, sen centro de maiores, cun PXOM feito a medida dos especuladores e non da veciñanza… en fin, unha situacion que é case medieval.
Eles seguirán rifando na prensa e colocando o seu cu en listas á Xunta ou asesorías na deputación, como é costume nos partidos tradicionais para os que a xente de Carral non lles importa ata que volten a tocar as municipais, aí farán promesas imposibles alonxadas da realidade do noso municipio, e mercando os vecinos (esto podémolo ver claramente nas obras de asfaltado que se están realizando actualmente exclusivamente nos concellos gobernados polo PP e sumándolle 3 do PSOE, a dous meses das eleccións).

Mentres outr@s tratamos de aportar o noso grao de area para construir unha alternativa real e cos pès na terra para Carral. Por iso, non nos esquecemos de que somos persoas sen ambicion política, e o que nos move é o ben común, non deixamos de pedirlle ós veciños de Carral que nos comuniquen as súas inquedanzas e as súas ideas en todo momento, para que poidamos contruir colectivamente un novo xeito de facer política, dende a xente e para á xente.

Dito isto, a Asemblea de Carral estará presente na feira de Carral que terá lugar o dia 4 de setembro, para falar cós veciños e expoñer os proxectos que se están plantexando dende a Asemblea para mellorar a feira, pois a consideramos un motor imprescindible da economía do noso pobo. Pero, sobre todo, para que os vecinos poidan expoñernos as súas ideas, as súas inquedanzas e necesidades, que serán tratados asembleariamente para atopar solucións que beneficien a Carral e non a uns poucos, que o único que buscan é lucrarse e beneficiar ós seus.

Animamos a tódolos veciños de Carral a que falen, que non queden calados, tódalas cuestións e ideas que recibamos serán tratadas na seguinte asemblea, onde todos estades invitados a participar (iremos informando da data e lugar).

Lembrade 4 de setembro na feira, tedes unha cita polo ben de Carral.

APROBADO O PRAZO DE PRESENTACION DE ALEGACIONS DO PXOM

ESCUDO CONCELLO

Dende a Asemblea de Carral anunciamos que durante o pleno celebrado o día 1 de xullo de 2016 foi aprobado por unanimidade o aumento dun mes máis do prazo de exposición pública e presentación de alegacións do PXOM que se realizou no noso concello.

O prazo de exposición pública e de presentación de alegacións remata o día 02 de xullo tal e como estaba previsto.

¿Que sucede agora?

Como foi aprobada a ampliación do prazo en pleno, a resolución ten que ser publicada no DOGA. E unha vez publicada é cando comenza a contar este novo tempo dun mes de exposición pública e presentación de alegacións.

Polo cal, a partir do luns non se van poder presentar alegacións sobre o noso PXOM ata que sexa publicada a resolucion do pleno. Suponse que será un prazo de 15 dias para que apareza no PXOM.

Dende a Asemblea de Carral sentimos calquer inconveniente que poida traer este prazo de 15 dias no que non se van poder presentar alegacións. Se este pleno se houbera realizado fai 15 dias, esto non estaría a ocurrir.

MAÑAN PLENO URXENTE PRA APROBAR AMPLIAR PRAZO DO PXOM

Concello_de_carral

Hoxe 30 de xuño, as 11:00 da mañá o noso concelleiro, César Manuel Bergondo Trillo recibiu unha notificacion por parte do Concello de Callar co seguinte tema:

Pleno Extraordinario e urxente o venres 30 de xuño, as 9:00 da mañá coa seguinte orde do día:

PROPOSTA DE AMPLIACION POR UN MES DO PRAZO DE INFORMACIÓN PUBLICA DO PXOM APROBADO INICIALMENTE POR ACORDO PLENARIO DO 18 DE MARZO DE 2016.

 Dende a Asemblea de Carral vemos a “boa vontade” do noso alcalde de cara a veciñanza ó ampliar o plazo para presentar alegacións sobre o PXOM. Pero éntranos algunhas dúbidas ó respecto:

¿Como pode ser q se lle ocorra facer este pleno xusto o último día no que remata o prazo de presentacións de alegacións? ¿Cómo avisa con menos de 24 horas de antelación? ¿Qué estará a argallar o noso alcalde? Se fósedes por rexistro veriades a cantidade de alegacións q se estaban a presentar dificultando a labor dos nosos traballadores do concello se se anunciase antes esta entrega de documentación sería moito mais escalonada.

 Durante estes dous meses púidose ver o PXOM na sala de plenos, habendo sempre traballadores da empresa encargada de facelo, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30, para calquera aclaración ou explicación sobre el.

Unha vez mais, vemos o goberno municipal facendo un brindes ó sol a conciliación familiar e laboral. Calquera traballador para poder ir hasta ali tiña que solicitar un  dia libre a súa empresa para poder acudir ó noso concello, dicimos un porque houbo persoas que conseguiron facelo así, outras tiveron que repetir porque lle faltaban datos…. Nos tempos que corren, ¿ cantos podemos solicitar días libres nos noso traballos? Dende a Asemblea de Carral nos preguntamos … se realmente hai tan boa vontade por parte do equipo de goberno ¿Por qué non puxeron nestes dous meses, unha, dúas ou tres tardes para poder preguntar dubidas habendo alguén alí que as aclarase? ¿Por qué non usaban os sábados polas mañas?

Supoñemos que esta ampliación pra facer alegacións no noso PXOM vaise deber a súa “boa vontade” porque seguro que nos tacharían de mal pensados se dicimos que simplemente é porque este ano imos ter eleccións autonómicas e este non é mais que un plan por parte dest@s señor@s pra que todos canto pensan no beneficio de tod@s nos.

Pero se tanto pensan no noso beneficio porque non nos preguntaron en ningún momento á cidadanía como queremos que sexa o noso concello por estes 20 anos, como queremos que medre, que queremos conservar, como nos gustaría cooperar coas nosas terras e herdanzas. Como pode ser que falten detalles de camiños, regatos, fontes, e aínda encima teñamos q ser nos, a veciñanza quen lle teñamos que avisar destes erros cando houbo un equipo de técnicos que redactaron este PXOM e que en teoría fixeron un traballo de campo. Dicimos en teoría porque ¿ que pasou? ¿Cando eles pasaron por ali non estaban? Lembremos q este traballo do PXOM esta pagado por todos nos e aínda encima somos nos quen os temos que avisar que hai cousas que están mal

Moitas preguntas e moi poucas respostas. Nos vemos unha solución a moitos destes problemas: Simplemente facer participar a cidadanía nun proxecto común, e non esperar a que este redactado e aprobado nun pleno no que só se izaron 7 mans pra aprobalo.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PXOM EN CARRAL

Concello_de_carral

Seguindo coas charlas informativas sobre o PXOM, pra seguirvos explicando as variacións que vai ter a tua parroquia neste “consensuado” plan, pra que te enteres do q non entendiches ou non quixeron que te enteraras estaremos en Paleo. Alí estaremos.

 

O dia 9, as 20:00, no Toñito Espiñeira a Asemblea de Carral fará unha charla informativa sobre o PXOM aprovado polos únicos votos equipo de goberno do noso concello.

AGARDAMOSTE

VEN E PARTICIPA